O BNG de Vivero foi ao Parlamento Europeo para denunciar a situación da ría de Viveiro

A eurodiputada polo Bloque Nacionalista Galego, Ana Miranda, fixo posíbel no Parlamento Europeo a organización das xornadas sobre a contaminación da auga e a financiación da Unión Europea para os saneamentos, onde acudiu o membro do BNG de Viveiro, Seve Salgueiro, denunciando a critica situación do saneamento da Ría de Viveiro, a cal provoca un gran dano medioambiental e económico na ría, cunha EDAR con deficiencias sen correxir dende a súa inauguración co consecuente impacto que isto está a xerar no sector pesqueiro e marisqueiro. Tamén recordou o malestar xeral da veciñanza de Viveiro con esta situación, reflexado coa recollida dunha trintena de sinaturas de colectivos viveirenses esixindo a posta en marcha do convenio asinado no 2016 entre Xunta e Concello, no que se detallan as actuacións necesarias para levar a cabo o saneamento da ría.
Salgueiro fixo especial fincapé na falta de entendemento entre Xunta e Concello para a execución do Convenio, onde Rosanna Micciché, a xestora dos programas estruturais da UE advertiu da existencia dunha Comisión de Seguemento na UE que de non cumprirse cos obxetivos marcados podía reasignar os fondos quedando Viveiro sin os de 2,8 millóns de euros destinados ao saneamento da ría, reafirmando así a nosa preocupación pola perda destes fondos FEDER Galicia 2014-2020.
Ante as reivindicacións das diferentes plataformas e representantes locais presentes, a directora para a Calidade de Vida da Comisión de Medio Ambiente animou á cidadanía a facer denuncias dando probas xs comisarixs do incumprimento da Directiva Marco da Auga. Recordou que o Estado Español e en particular polas rías galegas, é do que máis sancións paga pola falta de saneamento e verquidos, que pagamos todxs xs cidadáns.