O BNG de Viveiro mellora os espazos de lecer para os máis pequenos

15 set. 2023 - 11:02
Dende a tenencia de alcaldía, Miriam Bermúdez traballa na mellora dos espazos de diversión para as nenas e nenos do concello que, a partir de agora, poderán gozar dunhas mellores instalacións nos parques de Lavandeiras e da praza da Habana. Así pois, realizáronse tarefas de renovación nos aparatos de xogo do primeiro e na contorna do recinto, segundo explica a nosa responsable da concellería de Parques e Xardíns, cumprindo desa forma co “compromiso de mellorar e ter en boas condicións os espazos de ocio e lecer para as familias; os parques infantís son moi importantes para a conciliación e para fomentar o xogo compartido de nenos e nenas”.
Ademais, a nosa portavoz insiste en que se farán próximas instalacións no segundo dos mencionados e que se seguirá a traballar para manter en bo estado todos os parques do noso concello, para garantir así un xogo da rapazada con seguridade.