O BNG de Viveiro impulsará medidas para un Concello máis democratizado e transparente

IMG-20190424-WA0012

No BNG municipal inciden en que estas medidas son necesarias para dotar á cidadanía de máis información.

O BNG de Viveiro impulsará medidas para un Concello máis democratizado e transparente

O BNG de Viveiro propón medidas que impulsen a participación cidadá, que o convirtan nun Concello aberto e transparente. Iván Pena, número 4 da candidatura e responsábel de comunicación do BNG advirte que “hai moitísimo traballo que facer nesta materia" e avanzou que “retransmitiremos os Plenos e publicaremos de xeito áxil os acordos e decisións tomadas polo Goberno mediante a web ou uso de taboleiros veciñais. É fundamental elaborar xuntanzas abertas coa veciñanza e presentar uns orzamentos participativos e en data, para poder incluír á cidadanía no día a día do Concello dispoñendo de información e capacidade de decisión. Ademais garantiremos máis transparencia no acceso ao emprego público, na contratación de sevizos e nos Convenios de Colaboración, elaborando unhas bases claras e públicas, unha das reivindicacións que foron reiteradas nas reunión abertas cos colectivos."

E continúa, "tamén informaremos do estado dos proxectos en execución no concello, tal e como nos comprometemos no noso programa. Precisamente co noso programa xa demos un exemplo de boa xestión, participación e transparencia, elaborado tras numerosas reunións abertas con veciñxs e colectivos, e foi o único proxecto do concello que puido ser analizado pola veciñanza con tempo suficiente antes de depositar o seu voto, xa que foi publicamos mes e medio antes do día das votacións".

"Todo sobre transparencia e democratización do concello vén reflexado no apartado 12 do noso Programa de Goberno, de feito somos a única formación cun programa público e de acceso a toda a veciñanza, porque temos as ideas claras e sabemos como facelas realidade", aclara Iván Pena.

O BNG de Viveiro impulsará medidas para un Concello máis democratizado e transparente
comentarios