O BNG de Viveiro impulsa unha recollida de sinaturas a prol da substitución do emisario e a mellora da EDAR

IMG_20181231_131026

Dende o BNG tamén queren animar a sumarse a todos esos colectivos preocupados pero que aínda non asinaron a colaborar coa rexeneración da nosa ría.

O BNG de Viveiro impulsa unha recollida de sinaturas a prol da substitución do emisario e a mellora da EDAR

O BNG de Viveiro impulsou esta segunda feira, 31 de decembro, unha recollida de sinaturas entre diferentes asociacións e organismos de todo Viveiro, para así porlle fin á situación de contaminación da nosa ría debido a unha EDAR que precisa de melloras e un emisario submarino roto e con perdas en diversos puntos da nosa ría.

Preocupados pola nosa ría, múltiples colectivos xa comezaron a unirse e a asinar para esixir á Xunta de Galiza e ao Concello de Viveiro que cumpran cos prazos de execución prometidos públicamente e comecen a executar as obras recollidas no convenio para mellorar o saneamento integral da ría e deixen de xogar coa saúde, os postos de traballo e o futuro da veciñanza de Viveiro.

O BNG de Viveiro impulsa unha recollida de sinaturas a prol da substitución do emisario e a mellora da EDAR