O BNG suspende os actos públicos na Mariña e reclama protocolos para garantir condicións sanitarias

O BNG suspende os actos públicos na Mariña e reclama protocolos para garantir condicións sanitarias

O BNG supense os actos de campaña na Mariña, Ollala Rodil, a candidata nº1 por Lugo para o Parlamento Galego afirmou que “é unha decisión complicada, mais por responsabilidade social e política tivemos que actuar ante a situación actual”. A candidata do BNG reclamou da Xunta de Galiza “protocolos e medidas claras para afrontar este tipo de rebrotes e para asegurar que as persoas afectadas poidan exercer o seu dereito ao voto”. Ademais, Olalla Rodil solicitou transparencia nos datos do rebrote “para que o conxunto das galegas e galegos poidamos saber a magnitude do rebrote”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, criticou “a falta de acción por parte do goberno galego, quen non está a atender ao rebrote da Mariña”. Segundo Ermida, “a Xunta tira balóns fóra sinalando á hostalería mariñá, cando foi o propio presidente quen publicitou que o conxunto da Galiza en xeral e a Mariña en particular eran territorios seguros para a nova normalidade”.

“A día 3 de xullo os concellos seguimos sen ter o persoal que anunciara a Xunta de Galiza para colaborar no control do COVID”, afirmou Ana Ermida, que engadiu “a día de hoxe só temos recortes, como no socorrismo das nosas praias e no persoal dos distintos centros de saúde de toda A Mariña”.

O BNG suspende os actos públicos na Mariña e reclama protocolos para garantir condicións sanitarias