BNG solicita unha ordenanza de proteccion acústica para Viveiro e reitera transparencia á alcaldía do PSOE

En setembro de 2019 aprobabáse a moción do BNG para mellorar a política de protección e revitalización dos cascos urbanos do concello de Viveiro, onde os puntos da moción eran os seguintes:
-
Elaborar unha Ordenanza de protección contra a contaminación acústica.
-
Limitar as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas do casco histórico “zona acústicamente saturada”, para intervir e mellorar a calidade acústica medioambiental nas mesmas.
-
Promover e facilitar a apertura de negocios que desenvolvan actividades comerciais e económicas compatíbeis coa habitabilidade do casco.
-
Planificar e ordenar os usos dos edificios do casco.
-
Dotar a Viveiro de espazos culturais que garantan que a veciñanza de todas as idades poda disfrutar da música nos locais adaptados para tal uso.
-
Habilitar espazos públicos, coa protección e vixiancia necesaria, para as xuntanzas de esparcemento da mocidade.
-
Poñer en marcha campañas de concienciación da mocidade do uso responsábel dos espazos públicos.
-
Publicación na páxina web do concello da listaxe de locais de hostalería autorizadas e tipos de licencias concedidas (bar, cafetería, café, restaurante, café-bar especial, pub...) para darlle máxima transparencia das licencias outorgadas aos locais de ocio nocturno.
Solicitamos neste pleno do 2 de novembro á alcaldía de Viveiro, que convoque no inmediato as comisións pertinentes para sacar adiante a ordenanza de “Protección Contra a contaminación acústica” e se informe por parte do equipo de goberno de cales son as actuacións concretas que desenvolveron nestes dous anos e medio para solventar a problemática dos ruídos nos cascos (Viveiro centro e Covas) co fin de protexer e mellorar a calidade de vida das persoas que habitan en zonas acústicamete saturadas.
Así como, solicitamos toda a información relacionada coas licenzas e revisión das declaracións responsables por escrito, e tamén se informe detalladamente e aportando un listado que incorpore a seguinte información relacionada con bares, restaurantes e pubs do concello de Viveiro.
-
Número total de licenzas dos locais nocturnos.
-
Clasificación/categoría das mesmas.
-
Datas de concesión das licencias e caducidade das mesmas.
-
Documentación relacionada co número de comprobacións que se teñen que realizar cada 6 meses tal e como establece a normativa vixente, a qué locais se teñen realizado e cal foi o resultado das mesmas.
-
Número de expedientes abertos por denuncias relacionadas cos ruídos na rúa.
-
Número de efectivos en quenda de noite nas fins de semana