BNG solicita información e transparencia sobre o servizo subcontratado para actuar contra a Velutina

BNG solicita información e transparencia sobre o servizo subcontratado para actuar contra a Velutina

O pasado 13 de abril e a través dunha rede social, coñecíamos que o Concello de Viveiro renovaba a participación no programa galego de control da vespa velutina e impulsaba o trampeo profesional para minimizar a aparición de niños.

Detallábase nesta publicación que o obxecto deste convenio é establecer o marco para dar continuidade á execución de forma coordinada deste programa no 2021. Nesta nova ademais afirmábase que o Concello de Viveiro contratou coa empresa especializada SERPA o servizo de trampeo profesional e a retirada de niños.

Polo que plantexamos as seguintes preguntas:
 

  • Que actuacións concretas se programaron no marco deste convenio no concello de Viveiro e cal é o seu custe?
     
  • Cales son as cláusulas do contrato establecido coa empresa SERPA?
     

  • Canto custa o «trampeo profesional» en conxunto e por trampa que está a desenvolver a empresa SERPA?
     

  • Onde están colocadas todas e cada unha das trampas instaladas por SERPA e que deberan estar xeolocalizadas?
     

  • Levou a cabo o Concello algún contacto cxs apicultorxs, principais afectados, co obxecto de coñecer as súas queixas e propostas no eido do trampeo?
     

  • Ten pensado o Concello levar a cabo algunha medida de apoio e coordinación ó trampeo «non-profesional» que realiza a veciñanza?

BNG solicita información e transparencia sobre o servizo subcontratado para actuar contra a Velutina
comentarios