O BNG solicita as entidades bancarias de Viveiro que preveñan os contaxios nos seus caixeiros automáticos

Caixeiro automático en Monção, Portugal
O BNG solicita as entidades bancarias de Viveiro que preveñan os contaxios nos seus caixeiros automáticos

A situaciòn de crise sanitaria provocada polo coronavirus que estamos a vivir obrigounos a todxs a adoptar e extremar as medidas de hixiene e limpeza entre outras, tanto no ámbito privado como público, para evitarmos o contaxio e preservar así a saúde das persoas.

Trala aprobación do decreto do Goberno do estado español, no que se detallaban as normas do estado de alarma, o Banco de España informaba de que as entidades bancarias garantirían o servizo a través das sucursais, caixeiros e sistemas por internet, como tamén pedían á clientela que empregasen a tecnoloxía para evitar o acceso ás oficinas. Tamén aseguraba e confirmaba o Banco de España, a plena operatividade das redes de caixeiros automáticos que permitirían a disposición de diñeiro en efectivo e o acceso a parte da operativa básica sen necesidade de acceder ao interior das sucursais.

Desde a data da declaración de Emerxencia Sanitaria en Galiza e a entrada en vigor do estado de alarma, puxéronse en marcha os protocolos de acceso as oficinas bancarias adoptándose medidas de limpeza recomendadas polas autoridades a fin de minimizar os riscos de contaxio, sen embargo no BNG de Viveiro cremos que os caixeiros automáticos conteñen superficies potencialmente contaminadas e polo tanto de alto risco de contaxio e propagación do virus, ao seren espazos moi concurridos ao longo das 24 horas, e que non se extremaron as medidas de protección suficientes para minimizar o risco de contaxio.

Por todo isto, desde o BNG viverense vimos de contactar con cada unha das entidades bancarias de Viveiro, a fin de preservar, previr e garantir a saúde e seguridade dxs usuarixs, solicitándolles un maior esforzo na prevención de contaxio nos caixeiros automáticos extremando as medidas e adoptando medidas de protección para previr a propagación do virus a través da instalación, por exemplo, de dispensadores de xel antibacterial, luvas, papel, ou calquera outro elemento de protección recomendado polas autoridades sanitarias.

O BNG solicita as entidades bancarias de Viveiro que preveñan os contaxios nos seus caixeiros automáticos