BNG propón crear en Portochao unha área de autocaravanas e furgonetas camper

BNG propón crear en Portochao unha área de autocaravanas e furgonetas camper

O número de persoas que viaxan en autocaravana ou furgoneta camper está a medrar de maneira considerábel cada ano, máis no marco da Covid19 que estamos a viver sendo unha maneira cómoda e segura para viaxar. Este medio facilita que moitas persoas cheguen a vilas sen comunicacións con aeroportos ou convois de alta velocidade como Viveiro, polo que temos que aproveitar a situación privilexiada coa que contamos para atraer a este tipo de viaxantas que consome en comercios, restaurantes, bares, supermercados, gasolineiras e outros servizos.

Habilitar unha zona para autocaravanas require pouco investimento sendo o único necesario un grifo onde coller auga potábel e un lugar onde baleirar as augas grises e negras. Para que for máis completa, aínda que prescindíbel, seria ben algunha toma eléctrica.

Polo anteriormente exposto, no BNG Viveiro presentamos esta moción para o vindeiro pleno cos seguintes puntos:
 

  1. Crear unha área de autocaravanas na finalización do paseo fluvial do Landro en Portochao, Galdo. Unha zona que xa conta con todos os requerimentos para unha estancia tranquila, agradábel e sen complicacións tanto para visitantes como para veciñanza, e tamén polo pouco investimento que precisaría ao contar xa cun aparcadoiro acondicionado, auga potábel e lixo.
     

  2. Realizar programas de promoción e difusión desta área en portais dixitais, feiras e guías turísticas de autocaravanas do país, así como tamén estatais e europeas.

BNG propón crear en Portochao unha área de autocaravanas e furgonetas camper