BNG pregunta polo inicio das obras de recuperación do barrio de Xunqueira

Xa pasaron dous anos cando se producía o desastre meteorolóxico que, xunto a pasividade dalgunhas administracións, asolagou varios puntos no concello de Viveiro ocasionando un maior impacto no barrio de Xunqueira, causando o finamento dunha veciña e innumerábeis danos materiais en todo canto había nas marxes do rio.
Esta riada provocou o deterioro de vivendas particulares e infraestructuras públicas, mais o peor de todo é que desde aquela, está Xunqueira sen abeiro ante un novo desastre, que de producirse de novo este inverno unha riada semellante, as consecuencias poden ser aínda peores.
Polo que desde o BNG de Viveiro instamos ao Concello a que nos de conta de porqué non se iniciaron aínda as obras de rehabilitación do barrio de Xunqueira, así como da situación actual, convenios, proxectos, proceso de licitación para as obras, prazos e outros trámites relacionados.