BNG pregunta cal é o motivo de que o pavillón municipal non conte coa marcaxe para outras actividades desportivas como o bádminton

30 abr. 2021 - 14:31
Tendo en conta que no Concello de Viveiro existe un Clube de Bádminton que participa e organiza de maneira regular en competicións de ámbito autonómico e mesmo estatal, rogamos coñecer os motivos polos que o pavillón municipal de Viveiro non conta coa marcaxe permanente de campos de xogo para adestrar e competir, así como as accións que teñen previsto no Goberno Local para emendar a situación de perxuízo que está a padecer dito clube.
comentarios