O BNG pide un mínimo de seriedade e profesionalidade coas gravacións plenarias

O BNG pide un mínimo de seriedade e profesionalidade coas gravacións plenarias

"O BNG de Viveiro propón a gravación dos plenos en vídeo e a súa subida á web do Concello” é o titular que encabezaba a moción do BNG, datada o 21 de agosto do ano pasado, que pedía dotar os plenos locais de cámaras e micrófonos co fin de avanzar na democratización e transparencia do Concello. Tal e como se mostra nos puntos do noso programa, cremos na necesidade de acadar unha transparencia da xestión pública como principio que nos achega a unha política máis ética, eficiente e inclusiva, ademais de amosar un compromiso coa boa administración. 

A 2 de maio de 2020, a moción levada ao pleno polos nacionalistas seguía sen intaurarse, a pesar de haberen transcorrido máis de 8 meses. Míriam Bermúdez insistía na importancia de “poñer a andar o sistema de gravacións pois xs veciñxs pódenas seguir igualmente na web sen acudir de forma presencial e polo tanto sen risco”. 

Unha vez acadada a proposta do BNG, cabe recalcar a importancia que teñen estas gravacións para a cidadanía. É por iso que os nacionalistas creen na necesidade de mellorar a calidade dos vídeos, corrixindo os erros de son que se deron en anteriores plenos, ademais dunha gravación correcta, capaz de seguir a continuidade do acto. Serve como exemplo algún dos vídeos publicados polo concello murense, gobernado polo BNG, onde se aprecia un claro traballo e compromiso por facer chegar á cidadanía as decisións tomadas do pleno, cun equipo de son e imaxe eficiente. 

Seguimos a vivir unha situación sanitaria extraordinaria, que agudiza a imposibilidade de moitxs cidadáns para achegarse aos actos de forma presencial. Co fin de poñer en seguridade a saúde de todxs xs veciñxs, insitimos en que o concello ten que facer un esforzo por achegar á veciñanza de todas as parroquias de Viveiro os plenos da corporación municipal, tendo así a oportunidade de escoitar os debates e acordos que se aproban neste órgano e que lles afecta directamente, servíndose das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, tan relevantes e acudidas nestes momentos.

Eis a gravación da última sesión plenaria:

O BNG pide un mínimo de seriedade e profesionalidade coas gravacións plenarias
comentarios