O BNG quer dotar de aparcabicicletas os espazos públicos do Concello

Coa chegada do verán as veciñas e visitantes acostuman a facer un maior uso da bicicleta como transporte alternativo para desprazarse polo termo municipal de Viveiro, "o concello debe aproveitar está opción saudábel elexida pola súa veciñanza que contribúe ao mesmo tempo a racionalizar o uso abusivo do coche", afirma a concelleira Míriam Bermúdez", "ademais de ser saudábel é sostíbel xa que a bici non contamina, evita problemas de aparcamento e de ruidos".
Dende o BNG queremos poñer en marcha este verán a dotación de aparcabicis nas zonas de praias do concello, instalacións deportivas e outros espazos públicos axeitados para o uso deste transporte, unha medida fácil de implementar e ecónomica para as arcas do Concello, que melloraría a vida das veciñas e faría de Viveiro unha vila máis sostible e propia do século XXI. Introduciremos esta demanda neste vindeiro pleno de xullo.