BNG lanza "Viveiro en Ruta" nas redes sociais máis populares

03 xuño 2022 - 15:53
BNG lanza Viveiro en Ruta agora nas redes sociais, tales como Instagram, Facebook e Twitter para que as veciñas e veciños esteñan ao día das últimas rutas subidas.
O BNG de Viveiro estivo instando á alcaldía de Viveiro para que promocionase rutas e hábitos de vida saudábeis durante 3 anos sen ningún tipo de feito, polo que as nacionalistas decidiron lanzar pola súa conta propia esta páxina web que agora tamén se mostra nas maiores redes sociais, sendo máis fácil de seguir as actualizacións da web con novas rutas que vaian aparecendo.
Instagram: instagram.com/viveiroenruta
Facebook: facebook.com/viveiroenruta
Twitter: twitter.com/viveiroenruta