BNG exixe solventar a pésima calidade das gravacións plenarias

BNG exixe solventar a pésima calidade das gravacións plenarias

En setembro de 2019 aprobábase a moción do BNG para avanzar na democratización e transparencia do Concello de Viveiro que incluía a gravación das sesións plenarias en video e a súa subida á web oficial do Concello. Dende ese data, 1 ano e 3 meses, téñense feito 5 gravacións das sesións plenarias, das cales se escoita en condicións para poder seguir o debate, unha tan só.

Polo que solicitamos novamente que:
 

  • Se leven a cabo as melloras técnicas necesarias para solventar a mala calidade das gravacións na maior brevidade posíbel.
     

  • Se retransmita a sesión plenaria a través das redes sociais do Concello de Viveiro, como por exemplo o Facebook oficial do Concello.

BNG exixe solventar a pésima calidade das gravacións plenarias
comentarios