O BNG exixe a intervención da Xunta para garantir os postos de traballo nas auxiliares de Alcoa

O BNG exixe a intervención da Xunta para garantir os postos de traballo nas auxiliares de Alcoa

O Bloque Nacionalista Galego reclama da Xunta de Galiza e dos representantes institucionais da Mariña unha resposta inequívoca na defensa do mantemento dos postos de traballo nas auxiliares de Alcoa, tras a decisión da empresa de non reactivar as cubas que cheguen á súa vida útil. 

A responsábel comarcal do BNG na Mariña, Ana Ermida, traslada o apoio do BNG ás traballadoras e traballadores afectados e reclama unha resposta política inequívoca exixindo o compromiso de mantemento dos postos de traballo en Alcoa e auxiliares. Sinala que “a situación puntual que pode estar dándose no mercado do aluminio, non pode ser disculpa para parar a producción na planta de San Cibrao como tampouco para non realizar as labores necesarias para o rearranque das cubas en canto o mercado volte á normalidade.”

A Xunta de Galiza debe garantir xunto coa empresa, o mantemento dos postos de traballo que “agora non están na aire por unha decisión dependente do goberno do estado, senón por unha decisión empresarial que afecta ao cadro de persoal." Hai postos de traballo en risco, polo que é o momento de que a Xunta de Galiza e o Partido Popular demostren, xunto cos representantes municipais que nos últimos tempos lideraron as reclamacións ante o Goberno Central, que a súa preocupación real son os postos de traballo e non a súa utilización para unha loita política con eleccións á vista."

Ana Ermida afirmou que o BNG manterá nos vindeiros días un encontro co persoal das empresas afectadas para coñecer a situación de primeira man.

O BNG exixe a intervención da Xunta para garantir os postos de traballo nas auxiliares de Alcoa
comentarios