BNG exixe o cumprimento da súa moción para habilitar zonas para cans

BNG exixe o cumprimento da súa moción para habilitar zonas para cans

No pasado pleno do 7 de xullo do 2021 foi aprobada a moción do BNG para habilitar zonas acoutadas para cans nas praias e en zonas verdes de Viveiro. Dita moción especificaba como primeiro punto dos acordos o seguinte:
 

Implementar como medidas para este verán:

  1. Establecer un horario que permita o acceso dos animais ás praias despois das 21h e até as 10h, nos meses de verán.
     
  2. Habilitar polo menos unha zona verde de esparcimento para cans, de maneira permanente ou con delimitación horaria.


Debido á urxencia de implementar as medidas deste punto xa que que estamos case na segunda quincena de xullo, e que o bando non foi modificado nin se implementou ningunha das medidas aprobadas, desde o BNG solicitamos que se de cumprimento no tempo máis inmediato posible ao aprobado no punto antes mencionado, implementando as medidas acordadas no pleno, a través da modificación do bando ou a través dos trámites que sexan precisos.

BNG exixe o cumprimento da súa moción para habilitar zonas para cans
comentarios