BNG aposta por alternativas de ocio para desfrutar en familia cunha nova sección en "Viveiro en ruta"

BNG aposta por alternativas de ocio para desfrutar en familia cunha nova sección en "Viveiro en ruta"

“Viveiro en ruta”, a web de rutas que puxo en marcha o BNG de Viveiro superou xa as 5.000 visitas en apenas unha semana e celebran o seu éxito incorporando unha nova sección na web: “Rutas en Familia”.

“Esta nova sección, estréase con 4 rutas sinxelas e de baixa dificultade pensadas para facer en familia e para que as crianzas comecen a descubrir a nosa contorna”, indica Míriam Bermúdez. Entre as posibilidades, polo momento, están a de ir até Penalba, os Muiños de Balea, o primeiro mirador de Monte Castelo e o Souto da Retorta.

Míriam Bermúdez incide en que “en Viveiro son necesarias alternativas para desfrutar en familia, o noso concello precisa dunha rexeneración na oferta de actividades apostando polo patrimonio e natureza”.

Míriam está convencida de que este novo apartado de viveiroenruta.com terá moi boa acollida como xa a tivo a propia páxina web, e asegura que “iremos ampliando o número de rutas en familia como fixemos coas demais, en tan só unha semana Viveiro en ruta pasou de ter 11 a dispoñer de 25 rutas, de todas as distancias e dificultades, así como tamén conta cos percorridos da Viveiro Bike Xtreme, da Camovi e mesmo do Camiño Natural do Cantábrico ao seu paso por Viveiro.”

Por último, Míriam Bermúdez quere agradecer a entidades, asociacións e veciñanza de Viveiro que colaboraron no proxecto compartindo rutas e con suxerencias de mellora para a páxina web.

BNG aposta por alternativas de ocio para desfrutar en familia cunha nova sección en "Viveiro en ruta"
comentarios