BNG denuncia que seguen sen instaurarse as medidas aprobadas para Covas e Cantarrana

BNG denuncia que seguen sen instaurarse as medidas aprobadas para Covas e Cantarrana

Aprobada en marzo, mais continúase sen aplicárense as medidas da moción do BNG para baixar a siniestralidade na LU-862. Míriam Bermúdez destaca que é unha travesía "especialmente delicada polo denso tráfico que soporta, numerosas interseccións e áreas de estacionamento, con alta densidade residencial, comercial e zonas escolares.” Como ben indica a voceira do BNG: "seguiremos pendentes de que os prazos se cumplan e de que se poña en marcha cada un dos puntos desta moción canto antes. Esta vía que atravesa Covas e Cantarrana é a estrada da Mariña que maior número de accidentes rexistrou nos últimos anos. Hai que pórlle fin a esta situación."

Os puntos que reflexa esta moción do BNG e que foron aprobados son os seguintes:
 

  1. Que o Goberno Municipal reclame ao organismo competente á realización dun estudo da estrada LU-862 ao seu paso por Cantarrana, no que se estabelezan as mellores medidas para reducir a cero a siniestralidade na mesma e a dotación orzamentaria necesaria para o seu desenvolvemento.
     

  2. Que o Goberno Municipal inste á Consellería de Infraestruturas á execución do Plan de mellora da seguridade no vial LU-862 á altura de Covas anunciado no ano 2017, incluíndo ademais neste plan a modificación dos aparcadoiros para distribuílos en espiga na travesía de Covas e así os vehículos estacionados saían de fronte ao víal.
     

  3. Que o goberno municipal poña en marcha un sistema de xestión de solares privados dispoñíbeis na zona de Covas para utilizalos como aparcadoiros públicos provisionais, a través do comodato ou préstamo de uso.

BNG denuncia que seguen sen instaurarse as medidas aprobadas para Covas e Cantarrana
comentarios