BNG demanda en Pontelabrada traballos básicos de limpeza e mantemento

BNG demanda en Pontelabrada traballos básicos de limpeza e mantemento

Na Praza Juan Donapetry, existe un paso que da acceso a varios garaxes e a unha instalación de Barras Eléctricas, situado entre os Nº 6, 5 e 11 da citada Praza. Segundo indica o Catastro, este paso é parte da vía pública e polo tanto o mantemento e limpeza corresponderíalle ao Concello de Viveiro. Sen embargo, o Concello non realizou tarefas de limpeza en anos, e moito menos algún tipo de obra de mantemento. Na zona acumúlase  lixo e maleza, cheo de ouriños, o que provoca un aspecto de abandono total, fortes cheiros e incluso situación de perigo, xa que hai risco de caída de cascallos das edificacións en estado de abandono. Ademais, nos últimos meses estanse a producir actos vandálicos neste paso, no que apareceron raiados varios coches alí estacionados.

Por outra banda, as instalacións industriais que Barras Eléctricas Galaico Asturianas ten nos baixos do edificio de vivendas, e ao que dá acceso esta vía, datan do ano 1986. Aínda que é común observar tarefas de mantemento, os transformadores teñen riscos, especialmente en materia de incendios, polo que rogamos o Concello verifique, dentro das súas competencias, o correcto cumprimento da normativa da instalación que garanta a seguridade da veciñanza.

A todo isto, súmase unha contorna sumamente deteriorada e desatendida ao longo dos anos, cun lavadoiro que foi restaurado e que leva anos en estado de abandono, edificacións ruinosas e un longo etcétera de desleixos que xa foron denunciados e levados ao Pleno polo noso grupo en dúas ocasións, en outubro de 2021 e en decembro de 2017, sen que se tomara medida algunha por parte do Concello. Polo exposto, ROGAMOS:
 

  • Que se proceda a limpeza e mantemento da contorna do barrio da Pontelabrada, especialmente o citado paso de vehículos e o lavadoiro.
     
  • Que se garanta de xeito inmediato, a salubridade e seguridade da vivenda en estado de abandono, conforme ao Título II da Ordenanza de Policía o Bo Goberno.
     
  • Que se inspeccione e informe da normativa de seguridade da instalación industrial de Barras Eléctricas nos baixos das vivendas, dentro das competencias municipais.
     
1658832415277

 

BNG demanda en Pontelabrada traballos básicos de limpeza e mantemento
comentarios