BNG apostou con ilusión e esperanza por un novo goberno de esquerdas, que PSOE e Por Viveiro nunca aceptaron

Desde o BNG de Viveiro gustaríanos trasladar unhas consideracións a respecto da decisión de apoiar a investidura do PSOE.
Foron 20 días de diálogo nos que tentamos negociar un proxecto novo e progresista con PSOE e Por Viveiro, para o que se faría imprescindible que a alcaldía recaera no BNG para falar verdadeiramente de cambio, dun novo goberno, dunha nova etapa. Mais Por Viveiro optou por manter no goberno a María Loureiro. Por Viveiro só contemplou a posibilidade de ter a alcaldía eles mesmos, ou o PSOE, nunca unha alcaldía do BNG, que propuxemos con vontade integradora, ilusionante e traballadora.
Unha vez plantexado este escenario, no que o Partido Popular contaba con 7 edís, e PSOE e Por Viveiro tamén con 7, o BNG non tivo outra opción que apoiar ao PSOE, pois o contrario suporía que gobernase o PP que xa amosou noutros gobernos do Estado o xiro á extrema dereita, pretendendo impoñer o seu parecer sen ter en conta que as forzas de esquerdas teñen máis apoios por parte do pobo, 4.500 votos fronte a 3.000.
Foron 4 anos nos que o BNG de Viveiro fixo oposición construtiva ao PSOE, con desencontros mais tamén con apoios puntuais decisivos, agora toca poñer das dúas partes. O BNG acaba de apoiar ao PSOE na alcaldía, e cremos que o PSOE ten que cambiar a actitude de indeferenza cara o BNG.
O BNG de Viveiro asume a posición na que nos colocou a veciñanza de Viveiro e manteremos a disposición a dialogar e chegar a acordos dende a responsabilidade e coa única finalidade de mellorar a vida da xente de Viveiro.