O BNG aposta por recuperar as embarcacións de vela do antigo Casino e as pistas multideporte do Concello

Viveiro contaba con varias intalacións e pistas deportivas ao aire libre onde poder practicar fútbol, tenis ou baloncesto dun xeito informal. Eran puntos de encontro moi empregados pola xuventude e veteranos que fomentaban estilos de vida saudábeis promovendo o deporte na nosa vila. Estos espazos están ubicados en sitios como na Casa da Xuventude, no Casino ou nas diferentes parroquias onde foron desaparecendo pola clara falta de mantemento e a presión urbanística.
No antigo Casino, tamén existe material para a práctica de actividades náuticas como embarcacións de vela lixeira, entre eles numerosos Optimist e 470 en estado de abandono e descoido, fácilmente recuperábeis podendo servir para pór en marcha unha Escola municipal de vela e o alugueiro destas embarcacións á veciñanza de Viveiro.
Polo exposto, rogamos que o Concelleiro de Deportes informe á veciñanza sobre a titularidade das citadas pistas e embarcacións, realizando as xestións necesarias para a cesión do seu uso e aproveitamento para a veciñanza no caso de non ser xa de propiedade municipal, así como tamén informe das medidas e inversións previstas para a restauración do seu uso.