A benevolencia de María Loureiro co fascista Pedrosa Latas, reflexo de pouco respecto polas víctimas

A benevolencia de María Loureiro co fascista Pedrosa Latas, reflexo de pouco respecto polas víctimas

Era o 2 de outubro de 2019 cando se acordaba en pleno a petición do BNG de retirar toda simboloxía fascista do Barrio do Chao, en cumplimento da Lei de Memoria Histórica e por respecto ás víctimas da barbarie franquista.

Mais por desgraza o nome do fascista Pedrosa Latas segue a presidir a entrada do Barrio do Chao grazas ao beneplácido da alcaldesa, María Loureiro, que en 16 meses non foi capaz de aplicar a lei retirando unha placa que apenas está suxeitada cuns parafusos.

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, pregúntalle á alcaldesa "cal é o motivo de que o Barrio do Chao siga manchado co nome deste fascista", e si "é por incapacidade ou por concordar coas ideas totalitarias do que foi xefe da falanxe en Lugo e que a tantos viveirenses intimidaba a punta de pistola". A concelleira incide en que “non fai falla que coloquen unhas placas novas, basta con retirar as que hai por xustiza e respecto ás víctimas intimidadas e asasinadas.”

Polo que rogamos, unha vez máis, que de maneira inmediata a alcaldía emita as intruccións necesarias para retirar estas placas e toda homenaxe fascista en aplicación da Lei.

A benevolencia de María Loureiro co fascista Pedrosa Latas, reflexo de pouco respecto polas víctimas
comentarios