A AXI da cumprimento aos acordos da moción do BNG para baixar a siniestralidade en Covas e Cantarrana

A AXI da cumprimento aos acordos da moción do BNG para baixar a siniestralidade en Covas e Cantarrana

O pasado luns a Axencia Galega de Insfraestruturas (AXI) trasladaba ao Concello de Viveiro o proxecto elaborado para a modificación dos aparcadoiros na travesía de Covas distribuíndoos en espiga co obxecto de que os vehículos estacionados saian de fronte ao vial, mellorando así a seguridade viaria, tal e como se lles instaba no primeiro acordo da moción do BNG polo que a Axencia procedeu a deseñar no espazo dispoñíbel os citados aparcamentos coa xeometría adecuada para lograr dita mellora.

O mércores 7 terá lugar unha reunión para valorar os planos da disposición dos aparcadoiros deseñada para que, antes de proceder á súa execución, por parte do Concello se comunique si desexa introducir algunha modificación ou realizar algún comentario ou solicitude ao respecto. En dita reunión o BNG realizará as seguintes propostas de mellora á AXI para que sexan valoradas:

  • A primeira proposta será de aproveitar as zonas cebreadas nos extremos dos tramos de aparcamento para sinalizar aparcamentos para motos e bicicletas colocando aparcabicis naquelas zonas cebreadas de maior espazo.
     

  • Eiminar unha zona de carga e descarga engadida, situada ao lado do kiosko que reduce o aparcamento libre, tendo en conta que o lateral esquerdo da rúa Parrela situada a menos de 20m xa é zona de carga e descarga.
     

  • Eliminar a zona de parada de Taxis situada fronte ao kiosko, que está en desuso e ocupando prazas, para destinala a aparcamento libre.
     

Míriam Bermúdez lembra ao Goberno Municipal que con esta actuación non se da cumplimento á totalidade da moción, pois aínda quedarían dous puntos de pór en marcha, como son a xestión de solares privados dispoñíbeis para utilizalos como aparcadoiros públicos provisionais a través do comodato ou préstamo de uso, e a realización dun estudo da estrada LU-862 ao seu paso por Cantarrana no que se estabelezan as mellores medidas para reducir a cero a siniestralidade na mesma coa dotación orzamentaria necesaria para o seu desenvolvemento.

A AXI da cumprimento aos acordos da moción do BNG para baixar a siniestralidade en Covas e Cantarrana