Augas de Galicia terá que responder no Parlamento Galego sobre o río que asolagou Xunqueira

21 nov. 2018 - 15:27
O BNG de Viveiro logo do desastre acontecido este pasado domingo en Viveiro e tralas declaracións de Augas de Galiza, vémonos na obriga a levar ao Parlamento Galego as seguintes cuestións:
- Ten analizado a Xunta de Galiza o estado do río que asolagou a Xunqueira, no Concello de Viveiro?
- Tiña constancia o Goberno galego das denuncias da veciñanza que advertían do tapón provocado por restos de desbroce na Ponte de Pedro Mestre?
- Por que non se limpou o río?
- Que medidas prevé impulsar o Goberno galego, no marco das súas competencias, para evitar que algo como o acontecido o 18 de novembro poida repetirse?
Achegamos os arquivos rexistrados no Parlamento de Galiza, coas preguntas para a súa resposta por escrito e as preguntas para a súa resposta de forma oral, presentadas tanto en Comisión como en Pleno:
comentarios