Con auga, luz e alcantarillado ao pé, Loureiro segue sen habilitar a área de autocaravanas en Portochao

Con auga, luz e alcantarillado ao pé, Loureiro segue sen habilitar a área de autocaravanas en Portochao

Viveiro segue con moitas deficiencias para ser ese destino turístico idílico que se vende. Entre elas as áreas para autocaravanas e furgonetas camper, en gran auxe dende que a pandemia pola Covid fixo que a xente se decantese cada vez máis por este tipo de turismo, sendo moi triste ver a este gremio tendo que irse a outros lugares pola escasa oferta existente en Viveiro, podendo quedarse na nosa vila e sumando un empuxe económico máis.

Dende o BNG xa fai case un ano que se fixo unha proposta moi interesante neste eido, unha proposta con pouco custe, unha proposta en consonancia con este tipo de turismo que ampliaría a oferta para que os autocaravanistas se sintan cómodos na nosa Vila. Esta proposta foi a creación desta área ao final do paseo fluvial do Landro na zona de Portochao, que cómo ben se dixo daquela e reitera a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez: "é unha zona perfecta para esta área xa que ofrece natureza e tranquilidade, contando xa o lugar con auga corrente, acceso a rede eléctrica, recollida de lixo e alcantarillado, polo que o investimento sería mínimo e a balanza entre gasto/rendimento, dende logo, decántase polo segundo."

Todo o exposto aquí convertíuse nunha moción presentada en xuño do ano pasado, unha moción cunha gran acollida cxs concelleirxs do BNG, PSOE, Por Viveiro e grupo mixto votando a favor e co PP absténdose, sen ningún voto en contra. Dende o BNG e ante a proximidade do tempo de verán e vacacións instamos a que á alcaldesa exerza diso, de alcaldesa, e traballe nos acordos plenarios aprobados.

Con auga, luz e alcantarillado ao pé, Loureiro segue sen habilitar a área de autocaravanas en Portochao
comentarios