Seve Salgueiro levará a ría de Viveiro ao Parlamento Europeo

IMG-20190316-WA0010

A situación do saneamento de Viveiro esixe dunha serie de actuacións urxentes e resolutivas que deteñan a degradación que está a sufrir a ría de viveiro. O saneamento e a calidade da auga é primordial non só pola importancia medioambiental e na saúde, tamén para a actividade pesqueira e marisqueira.

Seve Salgueiro levará a ría de Viveiro ao Parlamento Europeo

O membro do BNG de Viveiro Seve Salgueiro, xunto coa eurodiputada Ana Miranda e o deputado provincial Antonio Veiga, acudirá este vindeiro xoves 21 de marzo ao parlamento europeo para porlle solución ao saneamento da ría de Viveiro.

O viveirense Seve Salgueiro que levou moi de cerca o tema do emisario e o saneamento integral da ría de Viveiro e ve con preocupación, xunto con toda a equipa do BNG de Viveiro, a posíbel perda de fondos FEDER europeos destinados ao saneamento da mesma que perigan si non se executan as obras dentro do plazo acordado, un importe que suma un total de 2,7 millóns de euros que poden perderse por culpa duns trámites que o Concello aínda non deu xestionado en dous anos e medio.

A actividade do BNG neste asunto foi continua, rexistrando en xuño de 2017 unha petición de información sobre o estado do convenio asinado por Concello e Xunta de Galiza, sen obter resposta por parte do Goberno Municipal como de constume, tal e como ocorreu cando preguntamos que ían facer co parque Pernas Peón ou como en tantas propostas presentadas polo BNG nos últimos anos. Ademais de formular cuestións no Parlamento Galego e Europeo, realizouse un mural reivindicativo e unha recollida de sinaturas na que participaron unha trintena de colectivos viveirenses.

A participación de Seve Salgueiro nesta semana nas xornadas sobre a auga no Parlamento Europeo, será unha nova oportunidade para esixir solucións, amosar a preocupación da veciñanza de Viveiro e deixar ben claro novamente que “a ría de Viveiro non é un vertedoiro”.  

Seve Salgueiro levará a ría de Viveiro ao Parlamento Europeo
comentarios