Sen argumentos sólidos, o PSOE de Viveiro defende as subvencións a dedo

Sen argumentos sólidos, o PSOE de Viveiro defende as subvencións a dedo

Míriam Bermúdez defendeu a moción do BNG acordada cunha importante parte das asociacións deportivas de Viveiro, co fin de que as subvencións que ofrece o Concello de Viveiro a entidades, asociacións e clubes teñan un reparto de fondos municipais xustos e equitativos, cunhas bases transparentes, públicas e claras.

Demanda que vimos reclamando dende o BNG en cada orzamento municipal e que segue sen ser atendida co conseguinte perxuízo para as asociacións, xa que as cantidades establecidas na maioría dos casos é insuficiente se se compara co gasto do desenvolvemento da actividade que realizan e non se axeita a ningún criterio que permita o reparto equitativo entre as asociacións.

Sendo unha necesidade, o reparto de fondos públicos en base a criterios de obxectividade, concorrencia e publicidade que garantan a transparencia das actuacións administrativas, como tamén poder participar e ser escoitados por parte do Concello en todo o que ten a ver coas subvencións que lles son outorgadas, xa que o actual sistema, discrepcional, está a dificultar e moito o desenvolvemento das súas actividades. Primeiro, porque as cantidades concedidas en base a criterios subxectivos, non son suficientes para desenvolver cun mínimo de decencia a súa actividade; e segundo porque non lles permite deseñar a súa actividade cun mínimo de previsión, polo que reclaman a adxudicación de fondos a dous anos vista.

 

Confundir e terxiversar

Míriam Bermúdez destacou que no debate o único que tratou o PSOE e os seus homólogos de Por Viveiro, foi tentar confundir e terxiversar a moción por completo.

A concorrencia competitiva é un modelo de subvención que exixe que haxa que formalizar un reparto democrático e xusto para todas as asociacións, tal e como fan todas as administracións públicas, quer Xunta de Galiza quer Deputación por exemplo, sen eximir esta cuestión a que poidan recibir subvencións nominativas puntuais, por obra, evento, ou calquer outro gasto. “Repartir axudas a dedo sin consenso nin explicación algunha, nin é xusto nin é serio, é discrepcional e a dedo”, recalcou Míriam.

“María Loureiro xamáis se reuniu coas asociacións para acordar ningún dos orzamentos municipais do cogoberno (PSOE e Por Viveiro). Tampouco antes de redactar e/ou estudar as cuantías das subvencións a asociacións. Mais cando si se reuniu con elas, chamando unha a unha a pasar polos seus depachos, foi xusto o día despois de que o BNG presentase esta moción”, afirmou a concelleira do BNG, “foron chamando por separado unha a unha e con informacións distintas para cada unha delas, moi diferente a como fixo o BNG, onde reunimos a todos e todas na mesma mesa até chegar a un acordo unánime consensuado, saíndo esta moción dela”.

 

PSOE sen argumentación sólida

"En Viveiro non é posíbel dar unhas subvencións equitativas" e “as asociacións non queren competir entre elas”, estos foron uns dos poucos argumentos que logrou, a duras penas, defender o Concelleiro de Deportes, César Iglesias Docal, constatando o seu total descoñecemento sobre subvencións públicas e as tarefas que lle son propias do cargo que ostenta.

“Un argumento totalmente falso, e sábeo ben” afirma Míriam Bermúdez. e aclara que “a concorrencia competitiva non é máis que consensuar os criterios que baremarán a cuantía da subvención para un reparto equitativo, saber porqué a unhas asociacións lles dan máis ou menos que outras é un básico da democracia municipal. O realmente anómalo é que o reparto se faga a dedo, sen criterios públicos e que, sen falar con ninguén, o equipo de goberno comunique as subvencións que lles corresponden sen máis e sen responder os porqués das cuantías.”

 

Submisión absoluta de Por Viveiro ao PSOE

Bernardo Fraga, portavoz de Por Viveiro baixo a influencia de María Loureiro, opúxose en todo momento á moción demostrando que nin sequera a lera, dicindo tales cousas como que “as asociacións non quere un reparto igual para todas senón que queren equidade”, argumento que se desmonta se soubera que é a concorrencia competitiva e lera o punto 2 desta moción, onde di explicitamente:

Levarase a cabo a creación dunha comisión da que formen parte todas as entidades e colectivos cidadáns sen ánimo de lucro do concello de Viveiro así como os grupos políticos presentes na Corporación, para acordar AS BASES REGULADORAS da concesión de ditas subvencións que deberán estar elaboradas para a súa aplicación dende o vindeiro orzamento do ano 2022.

Ocorreu o mesmo cando afirmou que as asociacións o que queren é saber con máis anterioridade os importes a percibir e máis tempo para administrar estas subvencións. E a nosa moción pon, moi explícitamente que:

As cantidades concedidas en base a criterios subxectivos, non son suficientes para desenvolver cun mínimo de decencia a súa actividade; e segundo porque non lles permite deseñar a súa actividade cun mínimo de previsión, polo que reclaman a adxudicación de fondos a dous anos vista.

E así con todas. Os integrantes de Por Viveiro, aínda de teren os seus propios argumentos expostos na nosa moción, votaron dócilmente co PSOE, en contra.

 

A moción non saiu adiante, sendo 11 votos en contra correspondentes aos concelleirxs dos grupos do PSOE, Por Viveiro e o concelleiro non adscrito, 1 voto a favor correspondente á concelleira do BNG, e 5 abstencións correspondentes dxs concelleirxs do PP.

Dende o BNG de Viveiro aseguran que non desistirán, lamentan que o PSOE ignore aos clubes, entidades e asociacións de Viveiro desta maneira e afirman que seguirán de perto a labor do goberno para tentar que o asociacionismo esteña ben atendido.

 

Podes ver aqui en vídeo, o debate plenario completo sobre esta moción:


 

Sen argumentos sólidos, o PSOE de Viveiro defende as subvencións a dedo
comentarios