Aprobadas dedicacións exclusivas para Alcaldía e Tenencia de Alcaldía

Este luns celebrouse o pleno extraordinario para a aprobacións das dedicacións do goberno de Viveiro. No acordo tomado, finalmente aprobáronse dúas dedicacións para Alcaldía e Tenencia de Alcaldía por un importe total de 84.500€ brutos anuais. Míriam Bermúdez, indicou que “as dedicacións son necesarias para o traballo diario que o goberno ten que asumir e os proxectos e iniciativas que Viveiro ten pendente, propostas feitas por todos os grupos políticos e directamente da veciñanza. O PP e Por Viveiro rexeitaron a proposta inicial que garantía unha capacidade de cambio e traballo equilibrada para un Concello como Viveiro, sumamente axustada a nivel económico como demostra que suporía o coste medio por habitante e o soldo medio por concelleira máis baixo dos concellos similares do País. Fixemos outras propostas á baixa nas negociacións buscando os cambios no goberno que cremos necesarios e nos reclaman, mais foron rexeitadas. Ademais, a nacionalista sinalou que “manteño o mesmo soldo que tiña como funcionaria de educación”.
Ante as iradas críticas do PP ao inicio do Pleno, Bermúdez indica que: “Non entendemos as críticas do PP pola data de celebración do Pleno: este luns celebráronse moitas actividades, mais é un día hábil e laboral no Concello e tamén o foi para o equipo de goberno. Hai que deixarse de populismos e non deixar que unha vila como Viveiro quede cunha soa dedicación. En canto ao motivo polo que non se puido retransmitir por streaming do Pleno, lamentamos os inconvintes pero incidencias de última hora, como a baixa do técnico responsable, son acontecementos que non se poden controlar.
A xornada festiva non se viu alterada pola actividade política, coa celebración do pregón, pasarrúas e numerosas actividades para todas as idades. Dende o BNG desexámovos unhas felices festas á veciñanza e visitantes!