Aprázase o pleno tras mostrar Míriam Bermúdez a imposibilidade de seguilo telemáticamente

Aprázase o pleno tras mostrar Míriam Bermúdez a imposibilidade de seguilo telemáticamente

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, foille imposible seguir o pleno de xaneiro telemáticamente constatando así as denuncias do BNG a este respecto, nas que se demandou en reitaradas ocasións mellorar as deficiencias de audio que se dan na retransmisión dos plenos que impiden que a veciñanza poda acceder á información que se debate nos mesmos.

“Dificilmente se poden seguir as gravacións plenarias e polo tanto máis díficil é si cabe poder debatir sobre os temas de maneira telemática”, Así o confirmou Míriam Bermúdez, quen se conectou telemáticamente neste pleno do 10 de xaneiro sen posibilidade de seguir o debate correctamente, non puido escoitar aos portavoces, tampouco intervir nos puntos e moito menos expoñer as súas iniciativas. “Por que insisten en afirmar que a plataforma dos videoplenos funciona correctamente? Cal será o interese do equipo de goberno? ”

Míriam Bermúdez, denunciou así a deficiencia deste servizo que impide que a cidadanía poda seguir os debates de maneira online, “está claro que non se garante a transparencia e información que merece a veciñanza”.

Desde que foi aprobada a moción do BNG para a gravación das sesións plenarias, todo foron paos nas rodas por parte do Goberno de Loureiro con tal de non emitilas, ou de facelo, con moi mala calidade ide maxe e son. As insistencias do BNG para que se emitisen os plenos foron varias como as de outubro de 2019 e maio de 2020, pero moitas máis foron as insistencias para que se mellorasen e poder seguilas de maneira óptima: en agosto de 2020, en novembro de 2020, en decembro de 2020, en xaneiro de 2022 e incluso en setembro de 2022 onde saía aprobada unha moción para a mellora destas gravacións.

“É evidente que prefiren a ocultación antes que a información” asegura contundentemente Míriam Bermúdez.

Aprázase o pleno tras mostrar Míriam Bermúdez a imposibilidade de seguilo telemáticamente
comentarios