A creación de aparcamentos proposta por Míriam Bermúdez en Covas e Lodeiro, sen présa para Loureiro

Foi aprobada a moción do BNG para baixar a siniestralidade na vía que atravesa Cantarrá solicitando modificar os aparcamentos e distribuílos en espiga, así como poñer en marcha un sistema de xestión de solares privados na zona de Covas para utilizalos como aparcadoiros públicos a través do comodato ou préstamo de uso. Foron varios os rogos tamén presentados sen que se coñecera máis avance ca o da realización das bases para a xestión de solares privados, que en teoría estaban en elaboración.
No mesmo senso de mellorar a seguridade, dende o BNG rogamos no 2020 pola distribución dos aparcamentos de Lodeiro en espiga, ao que o goberno respostou no pleno que o valoraría.
Tamén foi aprobada a moción do BNG para a eliminación do enreixado que vai desde o Casino ata Celeiro, e a creación dun carril bici e máis aparcamentos para a zona de Lodeiro.
É por isto que dende o BNG rogamos:
-
Coñecer en que estado se atopan na actualidade as tramitacións respecto aos aparcamentos de Cantarrá e Covas (distribución en espiga e xestión de solares privados como aparcadoiros públicos).
-
Coñecer que ten valorado o goberno con respecto á disposición en espiga dos aparcamentos de Lodeiro, e se fixo algunha tramitación ao respecto.
-
Coñecer en que estado se atopa a tramitación da retirada do enreixado que vai dende o Casino ata Celeiro, para a creación de máis aparcamentos na zona de Lodeiro.