Ana Miranda levará ao parlamento europeo o saneamento da ría de Viveiro xunto co resto de preocupacións que nos transmitiron dende Porto de Celeiro

Entre as preocupacións destacaron o impacto negativo do Brexit para a pesca galega e o estado do saneamento da ría de Viveiro
Membros do BNG de Viveiro xunto con Ana Miranda, que forma parte da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo e da Comisión de Peticións polo BNG no Parlamento Europeo, visitamos e escoitamos cada unha das inquedanzas que nos transmitiron dende o Consello de Administración de Porto de Celeiro SA, onde nos reunimos co presidente e directivos.
Entre as principais preocupacións falamos sobre o impacto do Brexit na pesca galega,
polos efectos que puidera ter na flota celeirense e mariñá polo feito de faenar en augas británicas, abordamos tamén outros temas como o dos descartes na pesca e incluso a falta de mozxs galegxs no sector.
E por último falamos sobre o
saneamento da ría e a reparación do emisario submarino, onde o colectivo pesqueiro de Celeiro lle transladou a Ana Miranda a súa preocupación, ao que a parlamentaria se comprometeu a facer un seguimento no parlamento europeo do convenio asinado a tal efecto en setembro de 2016 entre a Xunta e o Concello de Viveiro, para executar unhas obras que tiñan que comezar en decembro de 2016 e finalizar en decembro de 2020 que están financiadas nun 80% con fondos FEDER, da Unión Europoea.
Ana Miranda levará todas e cada unha destas inquedanzas ao parlamento europeo pola importancia que representan para un concello como Viveiro e un porto de referencia, como é o de Celeiro.