A Xunta escúdase nos permisos de Costas para non executar o saneamento da ría

3 millóns de euros, dos cales o 80% son fondos europeos FEDER, que poda que se perdan se seguen paralizando as obras e bloqueando os investimentos para Viveiro

A Xunta escúdase nos permisos de Costas para non executar o saneamento da ría

No BNG de Viveiro denunciamos que do acordo de 3 millóns de euros asinado co PSOE de Viveiro en 2016, nos orzamentos da Xunta destinan para 2018 un importe de 250.000€ (o 8% do total) o que fai a sua execución totalmente inviábel, poñendo en serio risco a perda da subvención do 80% da obra cos fondos FEDER europeos. Ademáis, o periodo de execución das obras anunciado en 2016 era de 30 meses, pasaron 18 e as obras nin tan sequera se comezaron.

O PSOE de Viveiro segue na súa tónica habitual de pasotismo que nin responde as nosas peticións, mentres que a Xunta do PP fai o que mellor sabe facer, mentir. Na consellería de Medio Ambiente indican que están pendentes da autorización de Costas do Estado para iniciar a execución das obras previstas para comezos de 2017, que a día de hoxe están sen licitar.

Pese a todo, as mobilizacións e queixas da veciñanza de Viveiro, farta da situación do saneamento da nosa ría, comezan a ter efecto. Veremos que responde a Xunta no Parlamento Galego ás preguntas da nosa parlamentaria Olalla Rodil sobre o tema.

A Xunta escúdase nos permisos de Costas para non executar o saneamento da ría