Este 4 de agosto debaterase a moción para dar solución e seguridade as bicicletas en Viveiro

Este 4 de agosto debaterase a moción para dar solución e seguridade as bicicletas en Viveiro

A moción do BNG para un Viveiro ciclábel presentada á veciñanza xa hai mes e medio, debatirase no pleno desta vindeira terza feira día 4.

A moción dos nacionalistas contén puntos nos que se propón a creación de ciclorúas, dotar de aparcabicicletas os lugares públicos e de gran afluencia, permitir amarrar libremente as bicicletas e patíns en farolas e árbores sempre e cando non dificulte a mobilidade peonil, pintar zonas avanzadas de espera para ciclistas nos semáforos, crear unha comisión de seguemento e estudo co fin de seguir ampliando o rol da bicicleta e promover campañas de sensibilización e apoio ao medio ciclábel.

A concelleira do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, afirma que "esta moción o que ten de ambiciosa tenno de básica e necesaria, calquer persoa que viaxara un mínimo puido constatar como todas as cidades e vilas que progresan están a apostar por este tipo de mobilidade que só trae beneficios. O que pretendemos é mellorar o rol da bicicleta en Viveiro pois no BNG temos claro que é o camiño a seguir."

Míriam Bermúdez ve moi positivo o punto de crear unha comisión de seguemento na que podan participar os colectivos que así o queiran, e aclara: “nesta comisión poderánse concretar tempos, datos económicos e investimentos, incluíndo o de crear un sistema de alugueiro de bicicletas municipal, implantar carrísbici ao longo do concello, aplicar medidas de seguranza, etc”.​

 

Moción final rexistrada para o seu debate en pleno:

Moción para un Viveiro ciclábel-1

Este 4 de agosto debaterase a moción para dar solución e seguridade as bicicletas en Viveiro
comentarios