ria
NOVAS
O BNG de Viveiro traballará pola rexeneración do areal de Covas

O BNG de Viveiro traballará pola rexeneración do areal de Covas

No BNG temos as ideas claras do modelo de concello que queremos para Viveiro. Un concello habitábel, saudábel, seguro, accesíbel, integrador e verde, onde as persoas serán o centro das políticas municipais que queremos desenvolver.

Xulia Canoura, membro da plataforma "Salvar a Praia de Covas" e a número 7 da nosa candidatura: "traballaremos pola rexeneración do areal de Covas ​para preservar este patrimonio natural tanto pola súa importancia medioambiental e turística, por ser motor principal para a economía da veciñanza de Covas e do concello, como pola seguridade para nosa veciñanza.


Tampouco nos olvidamos das persoas con diversidade funcional, demandaremos adaptar as praias para facelas accesíbeis ás persoas con mobilidade reducida​: sinalización das instalacións e servizos, asegurar espazos marítimos sen barreiras arquitectónicas, e dotar de persoal e materiais técnicos que permitan o acceso ao areal e ao baño​.

Todo isto e máis, no noso Programa de Goberno.

Ler nova