Imprimir

Notas informativas ao redor do Ceip de Celeiro para explicar quen era "Antonio Pedrosa Latas"

BNG Viveiro | 15 de Xaneiro de 2018

Pedrosa Latas loábase de “ganar con las armas lo que no conseguieron con las razones”, e apoiou o derramamento de sangue contra os movemento estudiantís na Universidade de Madrid

Hoxe fumos pegar unhas pequenas notas informativas ao redor do Ceip de Celeiro explicando quen era "Antonio Pedrosa Latas", para que a veciñanza saiba quen realmente era e así explicar o porqué da nosa proposta para a mudanza de nome do colexio. 

A proposta, moi ben acollida polo centro, levaromna ao Consello Escolar e ao Claustro, nos que o cambio de nome foi aprobado. Tan só falta que o goberno municipal actúe e saque a pleno a nosa proposta para quitar ese nome do colexio.

A continuación achegamos a nota informativa que pegamos aos redores do colexio:

notainformativapedrosalatas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/pequenas-notas-informativas-ao-redor-do-ceip-celeiro-explicando-quen-era-antonio-pedrosa-latas/20180115101154000678.html


© 2018 BNG Viveiro