Imprimir

A Xunta terá que responder no Parlamento Galego por qué non executou as obras de reparación e mellora na rede de saneamento de Viveiro

BNG Viveiro | 13 de Febreiro de 2018

Mentres que o goberno de Maria Loureiro segue sen facer nada, nós levámolo ao Parlamento Galego

Na concentración que convocamos o pasado domingo ante a gran pasividade do goberno local, Olalla Rodil comentou que o pasado 7 de febreiro presentou no Parlamento Galego unha proposta non de lei para pedir explicacións á conselleira de medio ambiente, pola tardanza das obras de reparación do emisario e as melloras na rede de saneamento de Viveiro (EDAR).

Aquí vos deixamos os documentos coas preguntas que se formularán no Parlamento de Galiza. Seguiremos informando.

1111111

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/parlamento/20180213102907000751.html


© 2018 BNG Viveiro