Imprimir

O BNG de Viveiro traballará pola rexeneración do areal de Covas

BNG Viveiro | 20 de maio de 2019

No BNG temos as ideas claras do modelo de concello que queremos para Viveiro. Un concello habitábel, saudábel, seguro, accesíbel, integrador e verde, onde as persoas serán o centro das políticas municipais que queremos desenvolver.

Xulia Canoura, membro da plataforma "Salvar a Praia de Covas" e a número 7 da nosa candidatura: "traballaremos pola rexeneración do areal de Covas ​para preservar este patrimonio natural tanto pola súa importancia medioambiental e turística, por ser motor principal para a economía da veciñanza de Covas e do concello, como pola seguridade para nosa veciñanza.


Tampouco nos olvidamos das persoas con diversidade funcional, demandaremos adaptar as praias para facelas accesíbeis ás persoas con mobilidade reducida​: sinalización das instalacións e servizos, asegurar espazos marítimos sen barreiras arquitectónicas, e dotar de persoal e materiais técnicos que permitan o acceso ao areal e ao baño​.

Todo isto e máis, no noso Programa de Goberno.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/o-bng-de-viveiro/20190520185155001030.html


© 2019 BNG Viveiro