Imprimir

Xunta: A nosa ría non é un vertedoiro

BNG Viveiro | 11 de Febreiro de 2018

Olalla Rodil, deputada do BNG pola provincia de Lugo, pedirá explicacións polo retraso das obras á conselleira de medio ambiente no Parlamento Galego

Esta mañá, estivemos en Celeiro na compañía dxs veciñxs, a deputada parlamentar Olalla Rodil e o deputado provincial Antonio Veiga, na concentración que convocamos para esixirlle á Xunta que amañe o emisario submarino e que sanee as deficiencias da EDAR. Ditas obras foron prometidas pola conselleira de medio ambiente, Beatriz Mato, nun convenio asinado co concello de Viveiro en setembro do 2016, e un ano e medio despois nin tan sequera se iniciaron.

Seguiremos instando ao concello de Viveiro a esixir á Xunta de Galiza o cumprimento do convenio. Por outra parte, Olalla Rodil pedirá explicacións polo retraso das obras á conselleira de medio ambiente no Parlamento de Galiza.

Grazas á colaboración de todos os veciños, a pesar do día que fixo, e en especial aos que se prestaron xunto coas súas embarcacións para despregar así a pancarta que dicía: A nosa ría non é un vertedoiro.

IMG-20180211-WA0057IMG-20180211-WA0067IMG-20180211-WA0069IMG-20180211-WA0032IMG-20180211-WA0070IMG-20180211-WA0090IMG-20180211-WA0011IMG-20180211-WA0016IMG-20180211-WA0019

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/nosa-ria-non-vertedoiro/20180211175423000745.html


© 2018 BNG Viveiro