Imprimir

Mural denuncia pola contaminación da ría de Viveiro

BNG Viveiro | 11 de Xullo de 2018

Un mural reivindicativo foi a forma levada a cabo para unha vez máis, denunciar o estado no que se atopa o Emisario Submarino e a Estación Depuradora de Augas Residuais de Viveiro

Foi no 2016 cando a Xunta da Galiza e o Concello de Viveiro asinaron en convenio as obras de substitución do emisario submarino e o saneamento das deficiencias da EDAR, pero que a día de hoxe, esas dúas partes non fan máis que culparse a unha á outra de non exercer as súas competencias.

Dende o BNG de Viveiro, levamos a cabo xunto coa veciñanza unha concentración en Celeiro, plantexamos está situación no Parlamento Galego, e incluso no Parlamento Europeo, xa que o feito de que as obras non esten nen tan sequera licitadas, pon en perigo a financiación de fondos FEDER aprobados pola Unión Europea, fondos que financiarían o 80% das obras de saneamento (2.4 millóns de euros). 

A movilización do pasado luns, xurdiu despois de realizar unha votación aberta a todo o público en Facebook, levando a cabo a forma de protesta máis votada pola xente que foi a de pintar un mural reivindicativo. Un mural pintado por membros do BNG xunto cos veciños de Viveiro fartos de ver como augas sen tratar (residuais e fecais) desbocan na ría, véndose afectada toda a contorna e en especial a praia de Covas, onde incluso algúns medios recolleron a posibilidade de que os bañistas se poidesen envelenar.

IMG-20180709-WA0020IMG-20180709-WA0018IMG-20180709-WA0017bstIMG-20180709-WA0051IMG-20180709-WA0022IMG-20180709-WA0032IMG-20180709-WA0039IMG-20180709-WA0041

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/mural-denuncia-pola-contaminacion-da-ria-viveiro/20180711111349000845.html


© 2018 BNG Viveiro