Imprimir

O Concello debería esixirlle á Xunta as obras de substitución do emisario submarino que están fora de plazo

BNG Viveiro | 13 de Xaneiro de 2018

Viveiro está a pagar na factura do recibo da auga uns tributos por uns servizos que a administración non está a atender

O 23 de xuño do 2017, rexistrábamos no Concello unha petición formal de información detallada sobre o grao de execución das obras do emisario submarino, recollidas no convenio asinado pola Xunta de Galiza en setembro do 2016, para a mellora da rede de saneamento de Celeiro e a EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais), así como os prazos previstos de comezo das obras para a substitución do emisario de Viveiro, roto dende hai anos, á altura do peirao de Celeiro.

Neste mesmo escrito, instamos ao goberno municipal a esixirlle á administración autónomica máxima celeridade na execución das obras de substitución do tramo roto e de mellora na EDAR de Viveiro, xa que transcurriron dez meses, un tercio do prazo establecido para o remate de todas as actuacións previstas no convenio asinado entre Xunta e o Concello.

Celeiro segue á espera das obras prometidas segundo confirma Eduardo Míguez, director adxunto de Porto de Celeiro S.A., entidade que ven denunciando dende hai anos a rotura do emisario á altura das súas instalacións en Celeiro. Transladounos a súa preocupación na última xuntanza que tivemos con él, tanto polo perigo que supón a rotura do emisario para as embarcacións que entran, como polos vertidos residuais na zona, como polo sobrecusto tamén que lles sup­­­ón o filtrado da auga e os controis específicos que realizan para garantir ao 100% a calidade dos seus produtos.

Dende o Bng de Viveiro entendemos que Viveiro está a pagar na factura do recibo da auga uns tributos (canon de saneamento e depuración de augas residuais) por uns servizos que a administración non está a atender. Así como cremos que Portos de Celeiro,S.A., que xa ingresa uns 840.000 € anuais ao ente público adscrito á Consellería do Mar (Portos de Galicia), pola súa actividade en concepto de tarifa X-4 (1,75%  das vendas en lonxa), está a soportar a maiores uns gastos alleos aos propios da súa actividade empresarial que non lle corresponde asumir e que poden repercutir negativamente na xeración de postos de traballo da entidade.

Cremos que o goberno municipal debería esixirlle á Xunta o desenvolvemento dun Plan de Saneamento Integral da Ría de Viveiro para lograr a recuperación dos bancos marisqueiros da ría e o incremento da súa produción, o que permitiría as/aos mariscadorxs exercer unha actividade marisqueira de calidade e con total garantía, ao mesmo tempo que a eliminación de vertidos rebaixaría a mínimos a contaminación das augas da nosa costa conseguindo que xs veciñxs de Viveiro e visitantes se beneficiaran dunha contorna e dunhas praias de calidade.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/insta-ao-goberno-municipal-esixir-xunta-maxima-celeridade-execucion-das-obras-substitucion-do-emisario-submarino-altura-do-peirao-celeiro-da-edar-viveiro/20180113190352000657.html


© 2018 BNG Viveiro