Imprimir

Emenda do BNG aprobada para a elaboración do ROFM

BNG Viveiro | 08 de setembro de 2019

A moción do grupo municipal do PP para o acceso á información de caracter municipal foi rexeitada en pleno ao presentar nós unha emenda de substitución á súa moción. Entendemos que a moción presentada polo Partido Popular consiste nun resumo do marco legal, polo que é totalmente innecesaria ao concederse xa por decreto de lei, mais consideramos que o acceso á información é un dos aspectos que deberan estar regulados no Regulamento Orgánico de Funcionamento Municipal, que a día de hoxe non existe no Concello de Viveiro e que se evidencia cada vez máis a súa necesidade.

Por todo isto, na nosa emenda de substitución instamos á corporación municipal de Viveiro a:

  1. Crear unha comisión de traballo, da que formarán parte as e os portavoces de todos os grupos políticos con representación na Corporación Municipal, para a elaboración do texto do Regulamento Orgánico de Funcionamento Municipal.
     
  2. A Comisión de traballo deberá ser constituída antes da celebración do próximo pleno.
     
  3. O Regulamento Orgánico de Funcionamento Municipal deberá ser aprobado polo pleno da corporación no prazo máximo dun ano a contar desde a data de constitución da devandita Comisión de traballo.

 

O resultado das votacións en pleno foron os seguintes:

A Favor: BNG, PSOE, PP, Por Viveiro.
En contra: Son Viveiro.

Ficando así aprobada a nosa emenda de substitución.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/emenda-do-bng-aprobada-elaboracion-do-rofm/20190908104302001081.html


© 2019 BNG Viveiro