Imprimir

Iniciativas do BNG para o pleno de outubro

BNG Viveiro | 01 de outubro de 2019

Aquí vos deixamos coas iniciativas que levamos para este pleno de outubro:



Mocións

  • Declarar Viveiro libre de contaminación electoral, dende a cartelería colada como a suxeitada en iluminarias, sinais, postes, pontes... en todos os seus formatos, para a cal habilitaráse por parte do Concello, naqueles espazos públicos máis estratéxicos das parroquias do concello, soportes (paneis, taboleiros...) temporais ou permanentes acordes coa estética da contorna.
     
  • Salvagardar os postos de traballo en Alcoa e auxiliares, co fin de demandar ao Goberno Estatal medidas urxentes para paliar así a crise da industria electrointensiva galega, e que a Xunta de Galiza abandone tamén, a súa posición de deixadez e actúe máis alá das declaracións electoralistas.

 

Rogos e preguntas

  • A eliminación de toda simboloxía franquista do Barrio do Chao en aplicación da Lei de Memoria Histórica, facendo fincapé na subtitución das placas que están baixo a estatúa de San Rafaeliño, as cales nombran ao fascista Antonio Pedrosa Latas.
     
  • Os locais que están en propiedade do Concello de Viveiro. Preguntaremos a relación nos que o concello e as asociacións e colectivos desenvolven actividades culturais, deportivas ou de ocio. Así como a dos locais que algunhas entidades teñen cedido ao Concello e os criterios de cesión dos mesmos.
     
  • Rehabilitación do acceso aos Espiñeiros en Celeiro. Preguntaremos que pasou coa promesa do PSOE de Viveiro que incluso levaban no seu programa electoral sobre o proxecto de rehabilitación e adecentamento deste lugar, que da paso a vivendas, garaxes e locais, e para cando teñen pensado executalo.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-viveiro-oleno-outubro/20191001115024001111.html


© 2019 BNG Viveiro