Imprimir

Aprobada a emenda do BNG de Viveiro sobre a cesión dun espazo en titularidade da Xunta

BNG Viveiro | 07 de setembro de 2019

A emenda do BNG sobre a proposta de Son Viveiro referente á utilización pública das parcelas catastrais 21 e 22 con titularidade municipal que se atopan fronte ao Pazo da Misericordia, foi aprobada despois de propoñer dende o BNG darlle un mellor aproveitamento a este espazo público, considerando que debe xestionarse coa Xunta de Galiza a cesión dun pequeno espazo “triangular” na mesma curva (aparece no plano representado en cor lilá), hoxe zona verde do Centro de Formación Profesional (Parcela 07), para engadirllo á parcela 22. Resultando este espazo público mellor conectado coa beirarrúa ao estar aberto e non pechado como se atopa na actualidade.

A votación en pleno á nosa emenda foi a seguinte:

A Favor: BNG, PSOE, PP, Por Viveiro, Son Viveiro.

Resultando aprobada a nosa emenda.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/aprobada-emenda-bng-viveiro/20190907122212001080.html


© 2019 BNG Viveiro