Xunto con máis de 200 persoas reivindicamos un tren digno e acorde aos nosos tempos, un tren do século XXI

Esiximos a mellora dun servizo que está a ser abandonado de xeito deliberado polos seus responsábeis

Xunto con máis de 200 persoas reivindicamos un tren digno e acorde aos nosos tempos, un tren do século XXI

Máis de 200 veciños das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña, reivindicamos un tren digno e acorde aos nosos tempos, un tren do século XXI.

A viaxe comezouna un dos nosos deputados parlamentares, Mini Rivas, que subía no tren ás 10:45 horas dende Ferrol, e deste mesmo xeito pero dende Ribadeo, o facía tamén a nosa deputada parlamentar Olalla Rodil ás 11:34 horas, ambos con destino Viveiro, collendo xente en todas as súas paradas e apeadeiros. Os viveirenses mentres, agardabamolos na estación de Viveiro para acollelos na súa chegada.

O noso obxetivo é denunciar o proceso de desmantelamento que ven sufrindo dende hai tempo o servizo de FEVE, un servizo esencial para o desenvolvemento do noso país, que ten que atender as necesidades da poboación e contribuir ao desenvolvemento social e económico, con horarios máis razoables que permitan o seu uso para a realización de actividades cotiás como ir ao instituto, á universidade, ao traballo ou mesmo ás revisións médicas. Tamén é unha magoa que empresas como Alcoa non o poidan aproveitar ao máximo, cando pasa o tren a escasos metros da fábrica, obrigando a transportar a súa mercadoría até Xove, incluso como transporte para os empregados desta e auxiliares para ir a traballar.

Como curiosidade, hoxe os trenes foron perfectos, sen ningún tipo de avería, puntuáis sen un minuto de retraso, até con revisores enos dous trens... evidentemente non foi casualidade, isto demostra que con vontade política se pode mellorar o tren, e moito.

 

IMG_20180311_131017IMG-20180311-WA0009IMG-20180311-WA0014IMG-20180311-WA0018IMG-20180311-WA0021IMG_20180311_130456IMG_20180311_130452IMG_20180311_130257IMG_20180311_130232IMG_20180311_130148IMG_20180311_125058