Éxito rotundo, así foi a manifestación de onte en Compostela onde se quedou pequena a Quintana

Alí estivemos con ducias de viveirenses, con centos de mariñás e mariñaos e con miles de galegxs dispostxs a pararlle os pés a esta salvaxe reforma sanitaria

Éxito rotundo, así foi a manifestación de onte en Compostela onde se quedou pequena a Quintana

En canto baixamos do bus, fumos directos á Alameda quentando polo camiño as nosas gorxas para berrar ben forte en contra da reforma sanitaria. Atopámonos cunha Alameda tan ateigada de xente, que nin puidemos organizarnos por completo até que comezou a andar a manifestación.

Unha manifestación onde non se pararon de escoitar berros, onde non se vía nin o comezo nin o final, onde todxs defendimos a nosa sanidade con orgullo convirtindo esta manifestación nun feito histórico. Porque defender os nosos dereitos cando os atacan non é elección, é obriga.

A xente teno claro, quere sanidade pública!

27628703_115254009293024_2651409929227938055_o27503400_115202225964869_5447744874043313553_o27625106_10215478892153548_3091209425115942391_o27500426_115254669292958_147206156720747598_o27747848_115267149291710_5997098946548182848_o39187313675_066eeeccc6_o27747791_115276345957457_3562444686811096348_o27629258_115197465965345_7169816514130021737_o40086194771_435d9cb159_o (1)

26212056098_6977c100d8_o27628790_10215479532249550_7305425699714952635_o