Volverá abrir a Piscina Municipal os domingos?

Volverá abrir a Piscina Municipal os domingos?

Este pasado venres, varios membros do BNG de Viveiro estiveron ás portas da Piscina Municipal escoitando e recollendo propostas, demandas, ideas ou queixas sobre os servizos e actividades que se prestan nesta instalación deportiva, así como de calquera inquietude que as veciñas e veciños quixeron trasladarlle á concelleira Míriam Bermúdez, tal e como viñeron facendo os nacionalistas en anteriores ocasións polas diferentes parroquias e instalacións baixo o nome de "CÓNTALLO TI".

"O malestar e enfado dxs usuarixs desta instalación fica patente, desde a falta de mantemento das máquinas, onde incluso unha delas causou recentemente un accidente, até por problemas da temperatura da auga, tanto dos vasos como das duchas", asegurou Míriam Bermúdez, e continuou: "pero o que sen dúbida esperta un gran malestar nxs veciñxs é que a Piscina Municipal continúe pechada os domingos e festivos."

Dende o BNG de Viveiro recolleron numerosas queixas por parte da veciñanza de Viveiro e constataron o malestar da mesma, até tal punto que un grupo de usuarios xa elaboraran e rexistraran no Concello ás súas queixas, e que 3 meses despois aínda non recibiron contestación por parte da alcaldesa. Parece necesario lembrar que forma parte das obrigas da alcaldía dar resposta ás demandas da veciñanza, máis aínda cando se fai a través do rexistro de entrada do Concello.

O BNG leva ao vindeiro pleno de febreiro as seguintes demandas:
 

  • Se lle de resposta por escrito ao documento presentado pola veciñanza no pasado mes de outubro, de forma inmediata pola vía correspondente.
     

  • Se nos informe acerca do estado de elaboración da bolsa de traballo para contratar persoal para dar servizo á piscina e características da mesma.
     

  • En base a qué causas, concretas e detalladas, se decidiu pechar os domingos e canto durará esta medida. 

Volverá abrir a Piscina Municipal os domingos?
comentarios