Solicitamos información sobre as medidas de control que se están a tomar na dragaxe e vertido na praia de Covas

Solicitamos información sobre as medidas de control que se están a tomar na dragaxe e vertido na praia de Covas

Como é sabido, a zona de dragaxe leva décadas exposta a importantes niveis de contaminación, ben por actividades portuarias (aceites, combustíbeis, pinturas, plásticos…) e ben por vertidos incontrolados, como é o caso de numerosos puntos na zona do porto deportivo e o emisario en xeral con diferentes roturas entre Viveiro e Celeiro.

Por todo isto, o BNG de Viveiro vén de solicitar información ao Concello sobre as medidas de control medioambiental, de calidade da dragaxe e vertido na praia de Covas están a tomar, dentro do seu ámbito de competencias. A voceira do BNG, Miriam Bermudez, indicou que “o vertido de area na Praia de Covas deberá exixir dun escrupuloso seguimento medioambiental e de calidade por parte do Concello. Ademais as obras poderían afectar a puntos de captación de auga e aos recursos marisqueiros e pesqueiros. Se ben é unha actuación necesaria para o noso Concello, mais é fundamental garantir o beneficio para toda a veciñanza e medio ambiente. Non podemos permitir un novo destrozo difícilmente reversíbel na ría, tras décadas de vertidos e recheos.”

No escrito presentado, o BNG de Viveiro tamén quer saber si o Goberno municipal designou, tras a comunicación de inicio da obra, o persoal técnico para realizar un seguimento medioambiental dentro do seu ámbito de competencias. Cremos que é importante formar parte do “programa de vixiancia ambiental” velando polos intereses do noso Concello e aportando maior transparencia e información nunha obra tan relevante.

Por outra banda, preguntamos se están plantexadas actuacións de control independentes e, de non ser o caso, solicitamos que se realicen pois poderían producirse danos moi graves como presenza de lodos na praia, metais paseados ou residuos orgánicos.

Solicitamos información sobre as medidas de control que se están a tomar na dragaxe e vertido na praia de Covas
comentarios