O BNG viveirense saúda á tan reclamada sinalización de Viveiro nalgunha das saídas da A8

O antes e o despois da reivindicación
O antes e o despois da reivindicación

Fomento comezou a sinalizar Viveiro nalgunha das saídas da A8, reclamado polo concello a instancia dunha iniciativa impulsada polo BNG de Viveiro e promovida por unha vintena de colectivos e entidades veciñais e empresariais do municipio

O BNG viveirense saúda á tan reclamada sinalización de Viveiro nalgunha das saídas da A8

O BNG de Viveiro felicita a todos os colectivos empresariais e entidades veciñais e sindicais que promoveron a iniciativa impulsada pola organización nacionalista para reclamar a sinalización vertical de Viveiro nas saídas das autovías do Noroeste (A6) e do Cantábrico (A8). Así como tamén quere trasladar esta felicitación a alcaldesa e ao concello de Viveiro por apoiar esta iniciativa colectiva, aprobando por unanimidade unha moción para instar ao Ministerio de Fomento a sinalización do municipio. O BNG tampouco se olvida de todas aquelas persoas que participaron na campaña de apoio á sinalización de Viveiro nas redes e que contribuíron tamén coas súas fotos a darlle a volta a esta situación de agravio e o esquecemento que está a sufrir Viveiro.

A sinalización vertical de Viveiro que Fomento ven de incluír na saída 524 da A8 (dirección Vilalba-Coruña) é unha das solicitadas ao Ministerio de Fomento, a Unidade de Estradas do Estado en Lugo e á Subdelegación de Goberno na moción consensuada con todos os colectivos e aprobada polo concello e, aínda que sí é certo que faltan en 5 das saídas reclamadas. O BNG agarda que Fomento continúe coa sinalización e remate nun curto prazo de tempo estes traballos que van facilitar a orientación dxs condutorxs e vai conseguir que esa falta de sinalización deixe de provocar confusión nxs viaxeirxs á hora de buscar a ruta máis accesible cara a Viveiro.

Dende o BNG de Viveiro queren aproveitar para animar a veciñanza a unirse e a sumar forzas para saír do aillamento no que nos mantén o goberno de Feijoo e reclamarlle a execución das obras, tan prometida de fai anos, da VAC ao seu paso por Viveiro para a súa conexión coa rede de estradas de altas prestacións e de infraestruturas viarias de conexión exterior que precisa imperiosamente o noso concello, para non continuar perdendo peso económico e poboacional con oportunidades de futuro que unha vila como Viveiro e a súa veciñanza se merecen, e pon como exemplo de acción colectiva esta iniciativa sobre a sinalización da vila viveirense.