Resumo da xuntanza aberta sobre benestar social, educación e muller

Resumo da xuntanza aberta sobre benestar social, educación e muller

No encontro aberto do xoves debatimos sobre como se debe traballar desde o concello de Viveiro na Inclusión Social, o Benestar da veciñanza, a Educación das nosas crianzas, a Igualdade de dereitos da muller e contra a violencia machista. Falamos da necesidade de crear e ampliar os programas e servizos de información, orientación e asesoramento sobre os recursos dispoñibles para a nosa veciñanza, de impulsar os servizos de acompañemento a maiores e crianzas e aplicar unha política de máxima transparencia das axudas concedidas. Falamos de poñer en marcha programas que fomenten a igualdade entre mulleres e homes e do abordaxe integral da violencia de xénero.

Unha xuntanza, en resumo, onde coincidimos na necesidade dunha coordinación permanente entre o concello e os centros de ensino para desenvolver programas de apoio á comunidade escolar nos distintos ámbitos e contidos educativos escolares, entre eles o de coeducación, co obxecto de axudar a fomentar unha actitude crítica fronte á desigualdade e a garantir a transmisión de valores como a igualdade, a dignidade e a non violencia entre as xeracións futuras do noso concello.

comentarios